11/11/12

Poematiza V


O vindeiro mércores día 21 de novembro de 2012 de cinco a sete da tarde terá lugar, dentro do ciclo POEMATIZA, a intervención do poeta, profesor e crítico Claudio Rodríguez-Fer. Aula A4A da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.


Os textos sobre os que se centrará o debate son os seguintes:


Claudio Rodríguez Fer


POÉTICA POÉTICA


Ética poética

“En todas partes e en todas as cousas vou ata o final. Toda a miña vida sobrepasa os límites convencionais”, escribiu Dostoievski cifrando unha divisa existencial coa que sempre concordei na vida e na poesía.
*
O tempo de miseria da célebre interrogación de Hölderlin “e para que poetas en tempo menesteroso?”, que equivale ao “tempo de sombra” de Brecht, anticipa a reflexión de Adorno segundo a cal escribir poesía despois de masacres como Auschwitz devén un acto de barbarie. Mais neste sentido, concordando con Valente, creo que precisamente despois dos holocaustos sería un acto de barbarie renunciar á poesía.
*
Tolstoi aseguraba que “intentar acabar coa violencia pola violencia é como pretender apagar lume con lume”. Por iso aconsellou: “Queredes suprimir o mal. Pero isto é imposible. Para que non exista o mal, non o fagades!”. Cómpre, pois, non apagar lume con lume, senón prender poesía con poesía.
*
Exemplarmente, Coleridge sentenciou na súa Biographia Literaria: “Non perseguir nunca a literatura como negocio”. En tempos de precariedade, Valente anotou a cita interpretándoa en función da súa propia situación, confortado polo “consolo e seguridade” que aquela divisa lle proporcionaba. Pero a verdadeira poesía é esencialmente irredutible ao negocio.
*
“Aquilo que che censuren, cultívao, porque iso es ti”, asegurou lucidamente Cernuda. Polo mesmo, o que queira que sexas ti será sempre censurado por alguén ou non serás ti.

Estética poética

Compartido con Borges: “Sempre que folleei libros de estética, tiven a incómoda sensación de estar lendo obras de astrónomos que xamais mirasen ás estrelas. Quero dicir que os seus autores escribían sobre poesía coma se fose un deber, e non o que é en realidade: unha paixón e un pracer”.
*
Juan Ramón Jiménez falou de naturalidade non perfecta en poesía e Robert Capa definiu a súa fotografía en acción como lixeiramente desenfocada. Como no conto “O retrato oval”, de Poe, onde o pintor vai facendo esmorecer a amada mentres a retrata, a metódica pretensión da perfección pecha as portas da arte e mata a vida.
*
“Eu non sei o que busco eternamente”, confesou Rosalía de Castro. En efecto, quen crea non debe saber de antemán o que busca, senón que debe ser a primeira persoa sorprendida co achado para que a súa obra posúa verdadeiro sentido e auténtico coñecemento. E Picasso aínda foi máis alá no estado de disposición para a súa experimentación permanente cando dixo: “Eu non busco, atopo”.
*
Octavio Paz postulou: “As verdadeiras ideas dun poema non son as que se lle ocorren ao poeta antes de escribir o poema senón as que despois, con ou sen a súa vontade, se desprenden naturalmente da obra”. Por iso os poemas son, como di o título do seu ensaio sobre o tema, “signos en rotación”, cuxa significación final vén dada pola linguaxe epocal e polo colectivo lector: “o poema é un conxunto de signos que buscan un significado”. Trátase pois de ambiguas e plurisignificativas propostas que se constitúen enObra aberta, como titulou Umberto Eco o seu tratado sobre as polisémicas e polifónicas “obras en movemento” que esixen a participación do público.
*
“Non hai normas. Todos os homes son excepción a unha regra que non existe”, escribiu Pessoa. En consecuencia, o mesmo ocorre cos poemas.

Política poética

            Dinnos que coa nosa actitude xamais alcanzaremos o poder. Nós aspiramos á felicidade persoal é á liberación colectiva e temos a perfecta seguridade de que ningunha das dúas cousas pode alcanzarse a través do poder, senón, precisamente, á marxe do poder e contra todo poder. A poesía alcanzarase a través da poesía ou non se alcanzará.
*
Platón quería expulsar os poetas da súa República ideal por consideralos un perigo, mais Aristóteles dicía que había que crer nas utopías porque a realidade é incrible. E as utopías, como a poesía, non son máis que realidades prematuras.
*
            En poesía, o premio é sempre peor que o castigo. Por iso Satie criticou que Ravel rexeitase a Lexión de Honor cando toda a súa música a aceptaba: “Non é suficiente rexeitar a Lexión de Honor, o que cómpre é non merecela”.
 *
“A prisión: un cuartel un tanto estrito, unha escola sen indulxencia, un taller sombrío; pero, no fondo, nada cualitativamente diferente”, afirma Foucault en Vixiar e castigar. E tampouco é nada cualitativamente diferente fabricar historias, memorias ou obras supostamente creativas para nelas pechar, vixiar e castigar as ideas e as persoas libres.
*
Cando Gandhi sinalou que “non hai camiños para a paz”, pois “a paz é o camiño”, estaba sinalando moitos camiños, entre eles a poesía, pois non hai camiños para a poesía: a poesía é o camiño.


Crítica poética

“Para teorizar requírese unha inmensa inxenuidade; para non teorizar fai falta una inmensa honestidade”, escribiu Eliot, pero o petimetre petulante e o pontificador integrista sempre o comprenden demasiado tarde.
*
“Facer crítica de libros malos non é só unha perda de tempo, senón tamén un perigo para o carácter”, deixou dito W. H. Auden con poética sabedoría. Claro que Woody Allen inverteu lucidamente a proposición lembrando un crítico a quen todo lle parecía malo ata que conseguiu o amor dunha muller espléndida, momento xusto dende o cal todo comezou a parecerlle bo.
*
Paradoxalmente, Octavio Paz salientou que non é “inexacto chamar á tradición moderna: tradición da ruptura”, porque a súa perseveranza crítica na continuidade da ruptura supón tamén unha tradición, na que poden ensarillarse autores de moi diversos momentos. De feito, tanto Eliot como Borges sinalaron, tamén paradoxalmente, que da mesma maneira que obras pasadas inflúen nas presentes e nas futuras, estas poden igualmente influenciar a aquelas, posto que modifican a visión que se tiña das mesmas. En efecto, algúns escritores crean dalgún xeito os seus propios precursores e algúns movementos as súas propias tradicións, máis alá da estrita lóxica cronolóxica. Por iso cómpre falar de constelacións e non de xeracións.
*
Valente tiña o concepto de xeración “por inutilizable” debido á súa mecánica carencia de rigor e interese, pois sempre se trata da construción interesada dun “turbio negocio” caracterizado pola súa ”neta falsidade”. De aquí que toda xeración teña “máis existencia antolóxica que ontolóxica” e que todo “grupo” de autopromoción sexa unha simple “grupa” para plataformarse: “Pero nin a noción de xeración nin a de grupo servirían realmente para apresar, dende un punto de vista crítico, a obra do escritor individual. Só cando a matriz do grupo se desgasta e o escritor se desprende dela empeza este a existir”.
*
Parece incrible que aínda haxa quen reduza a creación poética a etiquetas derivadas da acomodaticia simplificación xeracional ou da falsaria frivolidade da publicidade dos grupos literarios, como tantas veces ten denunciado Gamoneda a propósito deste tipo de “operación de marketing”. Ademais, que interese pode ter buscar e salientar o coincidente e carente de novidade nunha obra en lugar do único e provisto de orixinalidade da mesma? Porque o que se busca se atopa, e, obviamente, sería tan doado encontrar igual ou maior número de coincidencias entre autores de idades e lugares moi distantes que entre autores dunha mesma idade e lugar.

Erótica poética

            “Nada é real senón o escribo”, confesou Virginia Woolf, acaso reafirmando a función cognoscitiva e gozosa da escritura, porque, polo menos para min, pracer e coñecer son sempre o mesmo. Como explicou Breton: “O imaxinario non existe. Todo é real”.
*
Porque precisamente é o desexado quen esperta o desexo, postulou Lévinas que “nada se alonga máis do eros que a posesión”. E pola mesma dinámica na que, tras a emerxencia do Outro, o suxeito desexante xa non é o mesmo unha vez alcanzado o obxecto desexado, pode dicirse que nada se alonga máis da poesía que o poder.
*
            Cernuda escribiu ou escribiuse que “nada podes percibir, querer nin entender se non entra en ti primeiro polo sexo, de aí ao corazón e logo á mente. Por iso a túa experiencia, o teu acorde místico, comeza como unha prefiguración sexual”. E Juan Goytisolo mostrou e demostrou “a alquimia que converte o amor a un corpo –un modelo físico e cultural de corpo- nunha forma voraz de coñecemento capaz de transformar ao amante en lingüista, investigador, erudito ou poeta; de facerlle pasar do individual ao colectivo e abrirlle os ollos ás traxedias e inxustizas da historia; de impulsalo a militar nas filas do anticolonialismo e penetrar na lingua, literatura e pensamento que o corpo amado convoca”. Para min, dende logo, non pode haber creación integral sen prefiguración erótica e sen pulsión sexual.
*
            O enigmático Magritte deixou dito: “Non hai dúbida de que un sentimento puro e vigoroso, chamado erotismo, salvoume de caer na busca tradicional dunha perfección formal”. En efecto, soamente o erotismo, nas súas variadas encarnacións, pode superar as retóricas e provocar a autenticidade e o avance artístico “sen a intervención reguladora da razón, á marxe de toda preocupación estética ou moral”, como prescribe o consabido manifesto surrealista de Breton.
*
            Miguel Hernández, nun arrebato de sinceridade lírica que sempre compartín, asegurou que sentía dor “nos collóns da alma”, acaso porque con eles escribía, efectivamente, o cabreiro miliciano, con independencia de que os que carecemos da súa formación relixiosa non creamos na alma nin sequera nun sentido figurado. Quen non escribe con todo o corpo, escribe dende a extirpación.
*
“Que outros presuman das páxinas que escribiron; / a min comprácenme as que lin”, poetizou con intelixente humildade Jorge Luis Borges. Que outros presuman das páxinas que escribiron ou mesmo que leron, podería dicir tamén eu: a min só me compracen as persoas, os lugares e os momentos que mas inspiraron.


CATRO POEMAS POÉTICA



POESÍA


Non escribo con máis tinta
que a traza do teu fluxo.

Pero vou cara ao teu corpo
e a vida non se escribe.


(Claudio Rodríguez Fer, A unha muller descoñecida (Ferrol, Sociedade Valle-Inclán, Colección Esquio, 1997), recollido en Amores e clamores (Poesía reunida) (Santiago de Compostela, Ediciós do Castro, 2011).



POESÍA É ACCIÓN


                                    ...que lo primero es ser hombre,
                                    y lo segundo, poeta.
                                   
Atahualpa Yupanqui
           
A poesía nunca está nas palabras.

A poesía non está nestas palabras,
senón nos actos que conlevan.

Por iso este poema é un acto radical
ou non é nada.

A poesía é dicir, escuetamente,
que a poesía nunca está nas palabras,
senón no que se fai cando se escribe,
senón no que ti fagas cando a leas.

Non existe a poesía,
senón probas de poesía.

A poesía é acción ou non é nada.


(Claudio Rodríguez Fer, A loita continúa (Vigo, Edicións Xerais de Galicia, 2004), recollido enAmores e clamores (Poesía reunida) (Santiago de Compostela, Ediciós do Castro, 2011).
O MERGULLADOR




Mergullarse ígneo
nos cráteres líquidos.
Mergullarse no azul
para nadar no ar.

Inspirar para inspirarse,
respirar sen regresar.
Salto constante
e inmersión sen fin.

Voar e voar mergullado
no vórtice das vulvas.

Nunca nostalxia das aletas,
senón ansia das alas.

            (Paestum)




A BOMBA CON PÉTALOS DE ROSA


Déixame docemente desviolarte,
reparar a túa rosa maltratada
cunha chuvia de bicos
    ou de nada.

Quixérate vestir de desvestidos,
quixérate calzar de desandalias,
herba ou brisa por toda indumentaria,
e así amorosamente deslinguarte,
desocupar o idioma da intenrura
e desdicir
     dicindo
a verba núa.

Desexo desferirte e infrustrarte,
proclamar o amor a mar aberta
porque ti me ensinaches tristemente
que tamén pode nevar en primavera.

Desorballando bálsamo en ti dentro
ser nube quixera na túa boca
e así desactivar a húmida bomba
que ocultas con pétalos de rosa.

Eu teño o corazón conectado a unha bomba
e daría a poesía por que estoupase en rosa.


(Claudio Rodríguez Fer, Unha tempada no paraíso (Noia, Toxosoutos, 2010, introdución de Olga Novo), recollido en Amores e clamores (Poesía reunida) (Santiago de Compostela, Ediciós do Castro, 2011).

15/05/12

Poematiza IV: Conferencia-performance de Márcio André

O día 24 de maio, ás 11:00 horas, terá lugar, no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da UVigo, unha conferencia-performance do poeta e músico brasileiro

Márcio-André de Sousa co título: "Ensaios radioactivos".

Alén de ler do seu libro Ensaios radioactivos, recentemente publicado en Galiza, falará da poesía sonora e visual da actualidade no Brasil.

Máis información sobre Márcio-André aquí e aquí.

Organiza:
Grupo de Análise e Estudo da Literatura e de Tradutoloxía (GAELT, FG3)
Discursos non líricos na poesía contemporánea (DINOLIPOE, proxecto financiado polo MCI)

01/05/12

POEMATIZA III



O xoves día 10 ás catro da tarde terá lugar, dentro do ciclo POEMATIZA, a intervención de Claudio Rodríguez-Fer e o debate consecuente. Aula A4A da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.

Os textos sobre os que se centrará o debate son os seguintes:



Claudio Rodríguez Fer


POÉTICA POÉTICA


Ética poética

“En todas partes e en todas as cousas vou ata o final. Toda a miña vida sobrepasa os límites convencionais”, escribiu Dostoievski cifrando unha divisa existencial coa que sempre concordei na vida e na poesía.
*
O tempo de miseria da célebre interrogación de Hölderlin “e para que poetas en tempo menesteroso?”, que equivale ao “tempo de sombra” de Brecht, anticipa a reflexión de Adorno segundo a cal escribir poesía despois de masacres como Auschwitz devén un acto de barbarie. Mais neste sentido, concordando con Valente, creo que precisamente despois dos holocaustos sería un acto de barbarie renunciar á poesía.
*
Tolstoi aseguraba que “intentar acabar coa violencia pola violencia é como pretender apagar lume con lume”. Por iso aconsellou: “Queredes suprimir o mal. Pero isto é imposible. Para que non exista o mal, non o fagades!”. Cómpre, pois, non apagar lume con lume, senón prender poesía con poesía.
*
Exemplarmente, Coleridge sentenciou na súa Biographia Literaria: “Non perseguir nunca a literatura como negocio”. En tempos de precariedade, Valente anotou a cita interpretándoa en función da súa propia situación, confortado polo “consolo e seguridade” que aquela divisa lle proporcionaba. Pero a verdadeira poesía é esencialmente irredutible ao negocio.
*
“Aquilo que che censuren, cultívao, porque iso es ti”, asegurou lucidamente Cernuda. Polo mesmo, o que queira que sexas ti será sempre censurado por alguén ou non serás ti.

Estética poética

Compartido con Borges: “Sempre que folleei libros de estética, tiven a incómoda sensación de estar lendo obras de astrónomos que xamais mirasen ás estrelas. Quero dicir que os seus autores escribían sobre poesía coma se fose un deber, e non o que é en realidade: unha paixón e un pracer”.
*
Juan Ramón Jiménez falou de naturalidade non perfecta en poesía e Robert Capa definiu a súa fotografía en acción como lixeiramente desenfocada. Como no conto “O retrato oval”, de Poe, onde o pintor vai facendo esmorecer a amada mentres a retrata, a metódica pretensión da perfección pecha as portas da arte e mata a vida.
*
“Eu non sei o que busco eternamente”, confesou Rosalía de Castro. En efecto, quen crea non debe saber de antemán o que busca, senón que debe ser a primeira persoa sorprendida co achado para que a súa obra posúa verdadeiro sentido e auténtico coñecemento. E Picasso aínda foi máis alá no estado de disposición para a súa experimentación permanente cando dixo: “Eu non busco, atopo”.
*
Octavio Paz postulou: “As verdadeiras ideas dun poema non son as que se lle ocorren ao poeta antes de escribir o poema senón as que despois, con ou sen a súa vontade, se desprenden naturalmente da obra”. Por iso os poemas son, como di o título do seu ensaio sobre o tema, “signos en rotación”, cuxa significación final vén dada pola linguaxe epocal e polo colectivo lector: “o poema é un conxunto de signos que buscan un significado”. Trátase pois de ambiguas e plurisignificativas propostas que se constitúen en Obra aberta, como titulou Umberto Eco o seu tratado sobre as polisémicas e polifónicas “obras en movemento” que esixen a participación do público.
*
“Non hai normas. Todos os homes son excepción a unha regra que non existe”, escribiu Pessoa. En consecuencia, o mesmo ocorre cos poemas.

Política poética

            Dinnos que coa nosa actitude xamais alcanzaremos o poder. Nós aspiramos á felicidade persoal é á liberación colectiva e temos a perfecta seguridade de que ningunha das dúas cousas pode alcanzarse a través do poder, senón, precisamente, á marxe do poder e contra todo poder. A poesía alcanzarase a través da poesía ou non se alcanzará.
*
Platón quería expulsar os poetas da súa República ideal por consideralos un perigo, mais Aristóteles dicía que había que crer nas utopías porque a realidade é incrible. E as utopías, como a poesía, non son máis que realidades prematuras.
*
            En poesía, o premio é sempre peor que o castigo. Por iso Satie criticou que Ravel rexeitase a Lexión de Honor cando toda a súa música a aceptaba: “Non é suficiente rexeitar a Lexión de Honor, o que cómpre é non merecela”.
 *
“A prisión: un cuartel un tanto estrito, unha escola sen indulxencia, un taller sombrío; pero, no fondo, nada cualitativamente diferente”, afirma Foucault en Vixiar e castigar. E tampouco é nada cualitativamente diferente fabricar historias, memorias ou obras supostamente creativas para nelas pechar, vixiar e castigar as ideas e as persoas libres.
*
Cando Gandhi sinalou que “non hai camiños para a paz”, pois “a paz é o camiño”, estaba sinalando moitos camiños, entre eles a poesía, pois non hai camiños para a poesía: a poesía é o camiño.

Crítica poética

“Para teorizar requírese unha inmensa inxenuidade; para non teorizar fai falta una inmensa honestidade”, escribiu Eliot, pero o petimetre petulante e o pontificador integrista sempre o comprenden demasiado tarde.
*
“Facer crítica de libros malos non é só unha perda de tempo, senón tamén un perigo para o carácter”, deixou dito W. H. Auden con poética sabedoría. Claro que Woody Allen inverteu lucidamente a proposición lembrando un crítico a quen todo lle parecía malo ata que conseguiu o amor dunha muller espléndida, momento xusto dende o cal todo comezou a parecerlle bo.
*
Paradoxalmente, Octavio Paz salientou que non é “inexacto chamar á tradición moderna: tradición da ruptura”, porque a súa perseveranza crítica na continuidade da ruptura supón tamén unha tradición, na que poden ensarillarse autores de moi diversos momentos. De feito, tanto Eliot como Borges sinalaron, tamén paradoxalmente, que da mesma maneira que obras pasadas inflúen nas presentes e nas futuras, estas poden igualmente influenciar a aquelas, posto que modifican a visión que se tiña das mesmas. En efecto, algúns escritores crean dalgún xeito os seus propios precursores e algúns movementos as súas propias tradicións, máis alá da estrita lóxica cronolóxica. Por iso cómpre falar de constelacións e non de xeracións.
*
Valente tiña o concepto de xeración “por inutilizable” debido á súa mecánica carencia de rigor e interese, pois sempre se trata da construción interesada dun “turbio negocio” caracterizado pola súa ”neta falsidade”. De aquí que toda xeración teña “máis existencia antolóxica que ontolóxica” e que todo “grupo” de autopromoción sexa unha simple “grupa” para plataformarse: “Pero nin a noción de xeración nin a de grupo servirían realmente para apresar, dende un punto de vista crítico, a obra do escritor individual. Só cando a matriz do grupo se desgasta e o escritor se desprende dela empeza este a existir”.
*
Parece incrible que aínda haxa quen reduza a creación poética a etiquetas derivadas da acomodaticia simplificación xeracional ou da falsaria frivolidade da publicidade dos grupos literarios, como tantas veces ten denunciado Gamoneda a propósito deste tipo de “operación de marketing”. Ademais, que interese pode ter buscar e salientar o coincidente e carente de novidade nunha obra en lugar do único e provisto de orixinalidade da mesma? Porque o que se busca se atopa, e, obviamente, sería tan doado encontrar igual ou maior número de coincidencias entre autores de idades e lugares moi distantes que entre autores dunha mesma idade e lugar.

Erótica poética

            “Nada é real senón o escribo”, confesou Virginia Woolf, acaso reafirmando a función cognoscitiva e gozosa da escritura, porque, polo menos para min, pracer e coñecer son sempre o mesmo. Como explicou Breton: “O imaxinario non existe. Todo é real”.
*
Porque precisamente é o desexado quen esperta o desexo, postulou Lévinas que “nada se alonga máis do eros que a posesión”. E pola mesma dinámica na que, tras a emerxencia do Outro, o suxeito desexante xa non é o mesmo unha vez alcanzado o obxecto desexado, pode dicirse que nada se alonga máis da poesía que o poder.
*
            Cernuda escribiu ou escribiuse que “nada podes percibir, querer nin entender se non entra en ti primeiro polo sexo, de aí ao corazón e logo á mente. Por iso a túa experiencia, o teu acorde místico, comeza como unha prefiguración sexual”. E Juan Goytisolo mostrou e demostrou “a alquimia que converte o amor a un corpo –un modelo físico e cultural de corpo- nunha forma voraz de coñecemento capaz de transformar ao amante en lingüista, investigador, erudito ou poeta; de facerlle pasar do individual ao colectivo e abrirlle os ollos ás traxedias e inxustizas da historia; de impulsalo a militar nas filas do anticolonialismo e penetrar na lingua, literatura e pensamento que o corpo amado convoca”. Para min, dende logo, non pode haber creación integral sen prefiguración erótica e sen pulsión sexual.
*
            O enigmático Magritte deixou dito: “Non hai dúbida de que un sentimento puro e vigoroso, chamado erotismo, salvoume de caer na busca tradicional dunha perfección formal”. En efecto, soamente o erotismo, nas súas variadas encarnacións, pode superar as retóricas e provocar a autenticidade e o avance artístico “sen a intervención reguladora da razón, á marxe de toda preocupación estética ou moral”, como prescribe o consabido manifesto surrealista de Breton.
*
            Miguel Hernández, nun arrebato de sinceridade lírica que sempre compartín, asegurou que sentía dor “nos collóns da alma”, acaso porque con eles escribía, efectivamente, o cabreiro miliciano, con independencia de que os que carecemos da súa formación relixiosa non creamos na alma nin sequera nun sentido figurado. Quen non escribe con todo o corpo, escribe dende a extirpación.
*
“Que outros presuman das páxinas que escribiron; / a min comprácenme as que lin”, poetizou con intelixente humildade Jorge Luis Borges. Que outros presuman das páxinas que escribiron ou mesmo que leron, podería dicir tamén eu: a min só me compracen as persoas, os lugares e os momentos que mas inspiraron.


CATRO POEMAS POÉTICA



POESÍA


Non escribo con máis tinta
que a traza do teu fluxo.

Pero vou cara ao teu corpo
e a vida non se escribe.


(Claudio Rodríguez Fer, A unha muller descoñecida (Ferrol, Sociedade Valle-Inclán, Colección Esquio, 1997), recollido en Amores e clamores (Poesía reunida) (Santiago de Compostela, Ediciós do Castro, 2011).



POESÍA É ACCIÓN


                                    ...que lo primero es ser hombre,
                                    y lo segundo, poeta.
                                   
Atahualpa Yupanqui
           
A poesía nunca está nas palabras.

A poesía non está nestas palabras,
senón nos actos que conlevan.

Por iso este poema é un acto radical
ou non é nada.

A poesía é dicir, escuetamente,
que a poesía nunca está nas palabras,
senón no que se fai cando se escribe,
senón no que ti fagas cando a leas.

Non existe a poesía,
senón probas de poesía.

A poesía é acción ou non é nada.


(Claudio Rodríguez Fer, A loita continúa (Vigo, Edicións Xerais de Galicia, 2004), recollido en Amores e clamores (Poesía reunida) (Santiago de Compostela, Ediciós do Castro, 2011).
O MERGULLADOR




Mergullarse ígneo
nos cráteres líquidos.
Mergullarse no azul
para nadar no ar.

Inspirar para inspirarse,
respirar sen regresar.
Salto constante
e inmersión sen fin.

Voar e voar mergullado
no vórtice das vulvas.

Nunca nostalxia das aletas,
senón ansia das alas.

            (Paestum)




A BOMBA CON PÉTALOS DE ROSA


Déixame docemente desviolarte,
reparar a túa rosa maltratada
cunha chuvia de bicos
    ou de nada.

Quixérate vestir de desvestidos,
quixérate calzar de desandalias,
herba ou brisa por toda indumentaria,
e así amorosamente deslinguarte,
desocupar o idioma da intenrura
e desdicir
     dicindo
a verba núa.

Desexo desferirte e infrustrarte,
proclamar o amor a mar aberta
porque ti me ensinaches tristemente
que tamén pode nevar en primavera.

Desorballando bálsamo en ti dentro
ser nube quixera na túa boca
e así desactivar a húmida bomba
que ocultas con pétalos de rosa.

Eu teño o corazón conectado a unha bomba
e daría a poesía por que estoupase en rosa.


(Claudio Rodríguez Fer, Unha tempada no paraíso (Noia, Toxosoutos, 2010, introdución de Olga Novo), recollido en Amores e clamores (Poesía reunida) (Santiago de Compostela, Ediciós do Castro, 2011).


24/01/12

Ondjaki

O mércores, día 1 / II / 2012 haberá unha conferencia sobre "Literatura angolana hoxe", proferida polo escritor angolano Ondjaki (pseud. de Ndala de Almeida) que recibiu en 2012 o prestixioso premio brasileiro Jabuti.
A conferencia, que se realizará en lingua portuguesa e na cal o autor tamén falará da súa obra, terá lugar na sala A7 a partir das 12:00 horas.
Máis información sobre o autor pode ser atopada en estudoslusofonos.blogspot.com e aquí.




23/11/11

POEMATIZA II


O vindeiro xoves 1de decembro, e dentro do ciclo POEMATIZA, Xornadas de estudo e debate sobre a relación entre a poesía e o poema e os retos abertos perante a teoría literaria polas prácticas textuais contemporáneas, contaremos coa presenza da poeta ESTÍBALIZ ESPINOSA.


O debate será a partir dos seguintes textos:


/proceso a carne humana/


 Mima a túa intimidade, humano. Que vimos.
 Turbas dispostas a examinar a túa crudité en carne -viva
 demasiado viva- a declamar “cerebro!” todos a un tempo
 humano
 cun candil ata esas túas
 catacumbas do teu cranio
 a reiniciarte mil e unha veces -pero qué
 ti logo qué crías-
 coas súas noites todas dos seus días
 que vimos moi, moi dispostos.

 /Calade un pouco. Estades máis bos
 caladiños/

 Pero que crías que era isto. Mira onde queiras:
 un exército armado de poetas
 un universo clonado nun multiverso
 do que, francamente, querida, non quero lembrarme.
 Redeiras nos peiraos da túa memoria descárganse agora
 a túa infancia.
 Downloading, a túa infancia.

 Ricas. Saborosas as infancias. Ñam. Qué adictos que somos.
 Oh, perdoade a carne que nos col
 ga
 en cabal
 ga
 da en versos vellísimos. Podres de nós!
 Non podemos evitalo: prestádesnos tanto:
 así, de perfil e arrepío e canto
 así, entre radioactivos e pitagóricos
 así, sexys, si, melancólicos, tamén
 /tan lendo tan lenda tan lidos
 coa vosa cara de póker sobre unha chea de ósos/
 Humanos, ai, humanos.

 Xa estamos aquí para. Xa viñemos.

 Sorbetes de miolos que estremecen de tolemia. Ai, silicios!
 Estades fodida
 mente
 bos.

Estíbaliz...Espinosa, 2011



| campo de xogos forzas |

Dicimos unha cousa e queremos dicir outra.

Para sobrevivirmos nesta era
con pinta interglacial
sobre este planeta, entre a xentalla esta
convén ter claro que
dicimos unha cousa e queremos dicir outra.

Eu mesmo mentindo devo argumentar.

A pídelle a B a tradución dun libro
págalle por iso
xa que o sexo entre eles é imposible.
B á súa vez encarga a C que o corrixa
por razóns siamesas.
A cousa segue ata o Z
nun moi alfabético armazón.

Onde hai diñeiro hai sexo
onde hai sexo hai intercambio
que abstraemos en diñeiro.
Os cartos significan outra cousa.
Sempre significan outra cousa.
O amor significa outra cousa. Sempre.

Amamos unha cousa e queremos amar outra.
Dicimos todo aquén e no fondo é todo alén.

Mesmo alguén, aquí ben dentro,
entre estas liñas
pode ter alimentado
inxenuas turbias intencións
que non son sexo
e tampouco cartos
-mesmo alguén, aquí ben.
Mesmo alguén-.

These are my twisted words

Dicimos unha cousa e queremos dicir outra
e esa interpretación sen tregua
ese malabarismo sobre abismo
de malentendido en sobreentendido
tacón punta tacón
e volta a nos perder
fainos felices con desesperación
com
pulsivamente humanos.

[Tamén a nosa vida era unha cousa
unha cousa tan mutable
que pillala nun sentido
sería nos beber a luz a coiteladas cuantos]


Estíbaliz...Espinosa, 2011





É tão curioso ter substituído as tintas por essa coisa estranha que é a palavra.
Palavras — movo-me com cuidado entre elas que podem se tornar ameaçadoras; posso
ter a liberdade de escrever o seguinte: "peregrinos, mercadores e pastores guiavam suas
caravanas rumo ao Tibet e os caminhos eram difíceis e primitivos". Com esta frase fiz
uma cena nascer, como num flash fotográfico.

O que diz este jazz que é improviso? diz braços enovelados em pernas e as
chamas subindo e eu passiva como uma carne que é devorada pelo adunco agudo de
uma águia que interrompe seu vôo cego. Expresso a mim e a ti os meus desejos mais
ocultos e consigo com as palavras uma orgíaca beleza confusa. Estremeço de prazer por
entre a novidade de usar palavras que formam intenso matagal. Luto por conquistar mais
profundamente a minha liberdade de sensações e pensamentos, sem nenhum sentido
utilitário: sou sozinha, eu e minha liberdade. É tamanha a liberdade que pode
escandalizar um primitivo mas sei que não te escandalizas com a plenitude que consigo e
que é sem fronteiras perceptíveis. Esta minha capacidade de viver o que é redondo e
amplo — cerco-me por plantas carnívoras e animais legendários, tudo banhado pela tosca
e esquerda luz de um sexo mítico. Vou adiante de modo intuitivo e sem procurar uma
idéia: sou orgânica. E não me indago sobre os meus motivos. Mergulho na quase dor de
uma intensa alegria — e para me enfeitar nascem entre os meus cabelos folhas e
ramagens.

Não sei sobre o que estou escrevendo: sou obscura para mim mesma. Só tive
inicialmente uma visão lunar e lúcida, e então prendi para mim o instante antes que ele
morresse e que perpetuamente morre. Não é um recado de idéias que te transmito e sim
uma instintiva volúpia daquilo que está escondido na natureza e que adivinho. E esta é
uma festa de palavras. Escrevo em signos que são mais um gesto que voz. Tudo isso é o
que me habituei a pintar mexendo na natureza íntima das coisas. Mas agora chegou a
hora de parar a pintura para me refazer, refaço-me nestas linhas. Tenho uma voz. Assim
como me lanço no traço de meu desenho, este é um exercício de vida sem planejamento.
O mundo não tem ordem visível e eu só tenho a ordem da respiração. Deixo-me
acontecer.

Clarice Lispector, 1973, fragmento de Água Viva




02/11/11

POEMATIZA-I



O vindeiro xoves 17 de novembro, e dentro do ciclo POEMATIZA, Xornadas de estudo e debate sobre a relación entre a poesía e o poema e os retos abertos perante a teoría literaria polas prácticas textuais contemporáneas, contaremos coa presenza do crítico, e profesor da Universidade da Coruña, LUCIANO RODRÍGUEZ.




As xornadas celebraranse ao longo do curso. O asunto a tratar derivará sempre da lectura previa dun texto non moi extenso, ben teórico, ben creativo, a partir do que cada un dos participantes elaborará un guión de discurso. Os convidados terán como encarga a escolla do texto obxecto de reflexión, que poderá ser tanto un texto propio como alleo, tanto un texto creativo como crítico, e aportarán inicialmente só unha breve exposición sobre as razóns que os levaron a esa escolla e as claves que perciben nese texto. Tamén serán os encargados da condución do debate. 

O debate do vindeiro xoves será a partir dos seguintes textos:


"Como se pinta un dragón" de José Ángel Valente [descargar]


"Isto" de Fernando Pessoa [descargar]








03/09/11

Presentación de "Que lle podo ofrecer a quen me intente. Homenaxe a Lois Pereiro"

Na páxina web da televisión da Universidade de Vigo pódese seguir o desenvolvemento completo do acto que, so o título de Vento Lois: homenaxe a Lois Pereiro, tivo lugar na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo o 12 de maio de 2001 e que serviu de presentación do volume Que lle podo ofrecer a quen me intente. Homenaxe a Lois Pereiro.
http://tv.uvigo.es/gl/serial/1082.html

29/05/11

Presentación do libro Cara a unha poética feminista. Homenaxe a María Xosé Queizán

O pasada venres 27 foi presentado en Vigo o volume de estudos Cara a unha poética feminista. Homenaxe a María Xosé Queizán, coordinado polos profesores Camiño Noia e Manuel Forcadela, membros do GAELT, e publicado por Edicións Xerais de Galicia.
O acto, que foi presentado por Mónica Bar Cendón, contou coa participación de Camiño Noia, Manuel Bragado, Iolanda Veloso e do guitarrista Tony D'arco e foi celebrado no Palacio de Congresos e Exposicións Mar de Vigo. Asistiron arredor de cento cincuenta persoas.
A prensa deu conta do acontecemento en

03/05/11

Presentación do libro homenaxe a Lois Pereiro


O pasado xoves día 12 de maio
ás 12 h, no Salón de Actos da FFT da Universidade de Vigo
presentouse o libro
Que lle podo ofrecer a quen me intente?
Monográfico Lois Pereiro
publicado por Edicións Xerais de Galicia e
elaborado polo GAELT
baixo a coordinación de Anxo Angueira e Teresa Bermúdez
O Diario da Universidade de Vigo (DUVI) deu conta do acontecemento.