Sobre GAELT

GAELT (Grupo de Análise e Estudo da Literatura e de Tradutoloxía) é un grupo de investigación composto por profesoras/es, doutorandas/os e investigadora/es vencelladas/os ao Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo ou a outras universidades ou institutos superiores.

En termos moi xerais, as súas liñas de investigación son as seguintes:

1. O literario universal, centrado e analizado desde as tradicións literarias galega e lusófona en xeral, tanto desde unha perspectiva sincrónica como diacrónica, tanto desde unha perspectiva analítica como sintética, así como das interrelacións e de outras cuestións que se establecen a través do seu tratamento desde perspectivas sociolóxicas, tradutolóxicas ou relacionadas cos estudos de xénero, entre outras. 

2. A necesidade de establecer un marco conceptual da tradución que nos permita empregar o concepto en ámbitos variados: como paradigma epistemolóxico mais tamén como posibilidade real de superar o abismo que separa as dúas culturas das ciencias e das humanidades; coa intención de contribuír á construción dunha definición da tradución no espazo de interacción de ciencia e cultura, seguindo a perspectiva holística e transdisciplinaria que os tempos actuais demandan.

A actividade de GAELT céntrase na realización de proxectos de investigación así como no desenvolvemento de seminarios e congresos ou na elaboración de monográficos dedicados a temas ou figuras relacionados 
  1. coa literatura e súa teorización e
  2. coa tradución e a súa teorización,
con especial atención aos estudos galegos e lusófonos.

Investigadoras/es de GAELT da Universidade de Vigo:

Investigadoras/es colaboradoras/es de GAELT noutras universidades ou institucións:

  • Susana Kampff Lages (Universidade Federal Fluminense)
  • Ria Lemaire Mertens (Université de Poitiers)
  • Andrea Lombardi (Universidade Federal do Rio de Janeiro)
  • Kathrin Sartingen (Universität Wien)
  • Marleine Paula de Marcondes e Ferreira de Toledo (Universidade de São Paulo) 
  • Mônica Heloane Carvalho de Sant'Anna (Centro de Línguas / Centro Cultural Camões)
  • Alberto Valverde Otero ((Profesor de Lingua e Literatura Galega, IES Pedra d'Auga)

Investigadoras/es en tutela de tese:

  • Ana Bela Simões de Almeida (doutoranda da Universidade de Vigo e lectora de lingua e literatura portuguesa da University of Liverpool)
  • María Luísa Bel Ortega (doutoranda da Universidade de Vigo e profesora de Lingua e Literatura Galega no IES Pedra d'Auga)
  • Carina Cerqueira (doutoranda da Universidade de Vigo e profesora do Instituto Superior de Contabilidade e Administração do Porto)
  • María Comesaña Besteiros (doutoranda da Universidade de Vigo)
  • Felipe Domínguez Presa (doutorando da Universidade de Vigo)
  • Helena González Fernández (doutoranda da Universidade de Vigo e profesora de Lingua e Literatura Galega)
  • Xurxo Martínez (doutorando da Universidade de Vigo, profesor de Lingua e Literatura Galega e xornalista)
  • Gabriel Pérez Durán (doutorando da Universidade de Vigo e lector do Centro de Galego da Universität Heidelberg)
  • Laura Tallone (doutoranda da Universidade de Vigo e profesora do Instituto Superior de Contabilidade e Administração do Porto)