09/10/14

III Obradoiro Internacional de Tradución Poética: Mesa Redonda - Recital na FFT

No ámbito do III Obradoiro Internacional de Tradución Poética "Con Barqueira e Remador" (coordinado pola poeta Yolanda Castaño), realizarase na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo no día 

16 de outubro (xoves), ás 13:00 h, no Salón de Actosunha Mesa Redonda - Recital. 

O obradoiro congregará nesta ocasión a 7 poetas de recoñecido prestixio en lingua inglesa/chinesa, sueca, romanesa, letoa, éuscara, checa e galega. Todos cumpren o dobre perfil de seren poetas recoñecidos/as dentro dos seus sistemas literarios e, á vez, solventes tradutores/as literarios con obra publicada. A lingua franca ou vehicular do obradoiro será o inglés, idioma ao que estarán vertidos os textos de apoio cos que se traballará, sempre a carón dos orixinais (unha selección de ata 7 páxinas por autor/a). 

Na Mesa Redonda - Recital o grupo de poetas fará unha breve reflexión sobre a selección de poemas cuxa tradución ao galego recitará despois Marilar Aleixandre.

Os poetas convidados/a a esta terceira edición do Obradoiro “Con barqueira e remador” son: 

Kateřina Rudčenková (República Checa), Cosmin Perţa (Romanía), Catharina Gripenberg (Finlandia), Kārlis Vērdiņš (Letonia), Leire Bilbao (Euskadi), Alvin Pang (Singapur) e Marilar Aleixandre (Galicia). 

Perfís biobibliográficos:

O poeta, crítico e tradutor Kārlis Vērdiņš (Riga, 1979) licenciouse en Teoría Cultural pola Academia Letoa de Cultura. Doutorado en Literatura pola Universidade de Letonia, dende 2007 traballa no Instituto de Literatura, Folclore e Arte da mesma universidade, e é membro do consello de redacción da revista literaria Latvju Teksti. É autor de tres libros de poesía: Ledlauži (Os rompexeos, 2001), Biezpiens ar krējumu (Requeixo con Crema, 2004) e Es (Eu, 2008). Parte da súa obra foi traducida para revistas e libros colectivos no estranxeiro, así como incluída en importantes antoloxías internacionais. Ademais, volumes individuais do seu traballo viron a luz –en tradución– en ruso, polaco, checo e inglés (no prelo). E el mesmo ten traducido obras de T.S. Eliot, Walt Whitman, Emily Dickinson, Georg Trakl ou Joseph Brodsky, entre outros. Entre as súas publicacións sobre literatura salientan A dimensión social e política do poema en prosa letón (2010) ou Bastarda forma (2011), á vez que co-editou o volume colectivo Teoría Literaria Contemporánea (2013). Recibiu, en 2001 e en 2008, o Premio en Cultura do xornal Diena, o Premio de Poesía en 2008 e, un ano antes, o Galardón Literario Anual polo seu libro de poesía infantil Sopa de letras.

* * *

Kateřina Rudčenková naceu en 1976 en Praga. Autora de poesía, prosa e teatro, publicou catro libros de poesía: Ludwig (1999), Není nutné, abyste mě navštěvoval (Non fai falta que me visites, 2001), Popel a slast (Cinzas e gozo, 2004) e Chůze po dunách (Paseo polas dunas, 2013), polo que foi galardoada co prestixioso Magnesia Litera 2014. Do mesmo xeito, é autora do libro de relatos Noci, noci (Noites, noites, 2004) e da obra de teatro Niekur (2007), que recibiu o premio á mellor peza orixinal no certame Alfred Radok de 2006,e levouse á escena no teatro Ungelt de Praga en 2008. Só un ano antes, fóralle concedida unha residencia para dramaturgos internacionais no Royal Court Theatre de Londres, e doutra obra dramática, Čas třešňového dýmu (O tempo do fume de cereixa) fíxose unha lectura dramatizada en Nova York en 2008.
Xa en 2003 recibira o premio alemán Hubert Burda para poetas mozos de Europa do leste, e en 2011, Rudčenková fixo parte do obradoiro de tradución poética Poetisa Visegrad en Hungría. Ademais, ten participado en moitos festivais literarios internacionais, a súa poesía foi traducida a dezasete linguas, e poemarios seus viron a luz –en tradución- en Austria e Serbia.

* * *

Nada en Ondarroa en 1978, Leire Bilbao iniciouse no mundo das letras da man da improvisación oral, xénero que máis tarde abandonou para dedicarse á literatura escrita. En 2006 publica o seu primeiro libro de poesía, Ezkatak (Escamas) na editorial Susa, e no mesmo ano iniciará tamén a súa faceta como autora de literatura infantil, na que acabará por sumar ata doce títulos editados. De finais do 2011 data o seu segundo poemario, Scanner. Algúns dos seus poemas foron musicados por varios cantantes vascos, como Javier Muguruza ou Maddi Oihenart. Parte da súa obra está traducida a linguas coma o inglés, alemán, italiano, francés, galego, catalán e castelán. Do mesmo xeito, os seus poemas foron recollidos en diversas antoloxías: El poder del cuerpo, Desira plazer, Forked Tongues ou Sangrantes. Leire Bilbao ten ofrecido multitude de recitais poéticos, e é colaboradora en varios medios de comunicación en Euskadi.

* * *

Marilar Aleixandre naceu en Madrid e desenvolve a súa obra literaria en galego. É autora de poesía: Catálogo de velenos (1998, premio Esquío), Desmentindo a primavera (2002), Abecedario de árbores (2006) ou Mudanzas (premio Caixanova-PEN 2007); de narrativa, con títulos como Lobos nas Illas (1996), Teoría do caos (Premio Xerais, 2001) ou O coitelo en novembro (2010); e de narrativa xuvenil e infantil, con A expedición do Pacífico (premios Merlín e da Crítica, 1995), A cabeza de Medusa (Premio Caixa Galicia en 2008 e White Ravens en 2009) ou Robinson contado polas alimarias (2011). A súa obra tanto poética coma en prosa está traducida ao portugués, castelán, catalán, éuscaro e chinés, e foi recollida en antoloxías en inglés. Traduciu a poesía de Sandra Cisneros (Muller Ceiba, 1997) e Lewis Carroll (A caza do Carbairán, Lista de Honra do IBBY), ademais de obras de narrativa. Traballa como bióloga e catedrática de didáctica das ciencias na Universidade de Santiago de Compostela.

* * *

Alvin Pang, nado en Singapur en 1972, é poeta, escritor e editor. Os seus poemas foron traducidos a quince linguas e ten participado en festivais e publicacións importantes de todo o mundo. Foi bolseiro do Programa Internacional de Escritura Creativa da Universidade de Iowa en 2002. Entre os seus libros cóntanse títulos como: Testing the Silence (Sondeando o silencio) de 1997, City of Rain (A cidade da chuvia) de 2003, What Gives Us Our Names (Aquilo que nos dá os nosos nomes) de 2011 e Tumasik: Contemporary Writing from Singapore (Tumasik: escrita contemporáneas de Singapur) de 2009. Foi galardoado como “Artista Novo do Ano de Singapur” na categoría de literatura en 2005. Pouco tempo despois, en 2007, recibiu o Premio Nacional das Artes e a Cultura do seu país. Participou en representación de Singapur no Parnaso Poético que tivo lugar en Londres en 2012 como celebración paralela ás Olimpíadas. Os seus libros de poesía máis recentes viron a luz no estranxeiro: Other Things and Other Poems (Outras cousas e outros poemas), publicado en Croacia; e Waiting for the Barbarians (Agardando polos bárbaros) publicado no Reino Unido pola editorial Arc, ambos os dous do 2012.

* * *

Cosmin Perţa é un poeta e novelista romanés nacido en 1982 en Vişeu de Sus, na comarca de Maramureş. Licenciado en Letras pola Universidade ”Babeş-Bolyai” de Cluj-Napoca, completou os seus estudos de literatura na Universidade de Bucarest, cun mestrado en literatura contemporánea e unha tese de doutoramento arredor da literatura fantástica de Europa do leste. Publicou libros de poesía: Zorovavel (2002), Santinela de lut (Sentinela de arxila, 1ª ed. 2006, 2ª ed. 2010), Cântec pentru Maria (Canción de María, 2007), Bătrânul, o divină comedie (O ancián, unha divina comedia, 2009), Bocete şi Jelanii (O loito e Jelanii, 2009), Fără titlu (Sen título, 2011); novelas como Întâmplări la marginea lumii (Contos dende o bordo do mundo, 2007), Două povestiri (Dúas historias, 2010) ou Teofil și Câinele de lemn (Teófilo o can de madeira, 2012), libros de relatos como Vizita (Visita, 2013), ou ensaios como Introdución á interpretación da literatura fantástica (2011) ou o traballo monográfico Radu G. Ţeposu, o refinamento e a intuición (2012). Poemas seus ou fragmentos en prosa foron traducidos a dezasete linguas, e saíron máis de 250 recensións sobre as súas obras tanto en libros coma en prensa cultural romanesa ou internacional.

* * *

Catharina Gripenberg é unha poeta e dramaturga nacida en 1977 en Jakobstad, na costa oeste de Finlandia. Pertence á minoría finesa de fala sueca, e escribe neste idioma. Gripenberg ten publicados tres poemarios: På diabilden är huvudet proppfullt av lycka (Na diapositiva a cabeza está ateigada de felicidade, 1999), Ödemjuka belles lettres från en till en (Humildescoidadas cartas de un a un, 2002) eTa min hand, det vore underligt (Cólleme da man, sería raro, 2007), que ten como escenario a poesía da autora modernista finesa de expresión sueca Edith Södergran. Os libros de Gripenberg publícanse en Suecia e en Finlandia, tamén traducidos ao finés, e recibiron galardóns coma o premio de poesía Tanssiva Karhu da Radio Nacional Finesa. Ademais, poemarios seus viron a luz –en tradución– en Irán en 2008 e en Serbia en 2012.
Gripenberg conta cun Mestrado en Literatura pola Universidade de Helsinki, e estudou tamén escritura creativa en Noruega e cine en Dinamarca. Traduciu para o sueco ao poeta danés Per Højholt. Vive actualmente en Copenhague, traballando como editora literaria na pequena editorial Ellips, fundada en 2010 e centrada na poesía, o ensaio e mesturas interxenéricas, mentres prepara o que será o seu cuarto poemario.

07/10/14

IX Ciclo de mesas redondas "Escritoras/es na Universidade": TEATRO

IX Ciclo Escritoræs na Universidade | 17, 24 de setembro e 8 de outubro | de 13:00 a 14:30 | Facultade de Filoloxía e Tradución | Salón de Actos ou Salón de Graos

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e a S. X. de Política Lingüística, en colaboración coa Facultade de Filoloxía e Tradución e o grupo GAELT da Universidade de Vigo, achegarán á comunidade universitaria e á sociedade en xeral a oportunidade de escoitar as reflexións dos nosos/as escritores e escritoras sobre o tema 

"Como escribir o futuro?" 


Mércores, 8 de outubro - Teatro
Salón de Actos a partir das 13:00h 


"Contar ao carón da lareira en tempos dixitais. 
Existen novas linguaxes na oralidade?"






23/09/14

Letras nómades. Experiencias da mobilidade feminina na literatura galega

Acaba de ser publicado o 5º volume da colección iBroLiT (Frank & Timme):

Ana Acuña (ed.): Letras nómades. Experiencias da mobilidade feminina na literatura galega. Berlin: Frank & Timme 2014. ISBN 978-3-7329-0095-4.


Para máis información ou para comprar o libro, cf. a web da editorial Frank & Timme.

Lean aquí a introdución da editora:


Lea un artigo no DUVI sobre o libro aquí.

Escoite o programa do Diario Cultural "A experiencia da viaxe a análise no libro Letras nómades que recolle un dos últimos textos da escritora e xornalista Begoña Caamaño" aquí

Para máis información sobre a collección consulte a páxina iBroLiT neste blog.

22/09/14

IX Ciclo de mesas redondas "Escritoras/es na Universidade"

IX Ciclo Escritoræs na Universidade | 17, 24 de setembro e 8 de outubro | de 13:00 a 14:30 | Facultade de Filoloxía e Tradución | Salón de Actos ou Salón de Graos

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e a S. X. de Política Lingüística, en colaboración coa Facultade de Filoloxía e Tradución e o grupo GAELT da Universidade de Vigo, achegarán á comunidade universitaria e á sociedade en xeral a oportunidade de escoitar as reflexións dos nosos/as escritores e escritoras sobre o tema 

"Como escribir o futuro?" 


Mércores, 24 de setembro - Poesía, Salón de Graos a partir das 13:00h 


"E que faremos do lirismo? A pantasma da poesía dos oitenta"


Rosalía Fernández Rial









Samuel L. Paris







29/04/14

Presentación oficial da colección iBroLiT

Presentación oficial da colección iBroLiT na Universidade de Vigo.


Máis información sobre o acto de presentación pode ser atopada na reportaxe realizada polo Diario da Universidade de Vigo e aquí.

Para máis información sobre a colección véxase a páxina iBroLiT neste blog.

22/04/14

Conferencia sobre o 25 de abril

Foto: Burghard Baltrusch, Almada, 2013
O xoves, día 24 de abril de 2014, ás 13:00 horas no Salón de Graos da FFT, Fernando Moreira, profesor da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro, impartirá unha conferencia sobre o tema:

"25 de abril: em prol da memória"

28/03/14

Presentación oficial da colección iBroLiT

Onte tivo lugar a presentación oficial da colección iBroLiT no Salón de Actos da FFT.
Véxase a reportaxe realizada polo Diario da Universidade de Vigo.
Aquí van algunhas imaxes do evento:



Para máis información véxase o folleto da colección:


18/03/14

Presentación de iBroLiT

O xoves, día 27 de marzo, ás 12:30 no Salón de Actos da FFT, 
o grupo de investigación GAELT presentará a súa colección iBroLit 
(Ibero-Romance Studies in Literature and Translatology / Estudos Iberorrománicos de Literatura e Tradutoloxía),
publicada por Frank & Timme (Berlín / R.F.A.).


Información detallada sobre os volumes xa publicados pode ser encontrada aquí.
Máis información sobre a colección en xeral pode ser encontrada aquí.

26/02/14

Estudos sobre utopia e ficção em José Saramago

Em breve estará disponível o volume IV da colecção iBroLiT:

Burghard Baltrusch (ed.): “O que transformou o mundo é a necessidade e não a utopia” - Estudos sobre Utopia e Ficção em José Saramago. 2014. Berlin: Frank & Timme ISBN 978-3-86596-496-0.
Information for booksellers and librarians.

Leia aqui a introdução e a apresentação dos estudos:



Resumo
Apesar de José Saramago se ter mostrado crítico em relação ao significado tradicional do conceito de utopia, a sua obra oferece muitas vias de análise de temáticas relacionadas. Os trabalhos aqui reunidos centrar-se-ão em temas que abrangem a (re)aprendizagem de humanidade, o pós-colonial, o iberismo, a imagologia, a tradução, a língua, o estilo, a representação da mulher, o imaginário, a identidade e as representações de cultura e história. Entre outros aspectos, trata-se de ilustrar o facto de Saramago nunca ter entendido a utopia como uma via paralela à realidade. Antes, considerou-a como extensão do presente histórico no amanhã, na sua possível transformação em “acção contínua” por convicção, o que também chegou a definir como “a minha utopia”.

Abstract
Although seen as critical of the traditional concept of utopia, José Saramago’s oeuvre enables many approaches to analysing related themes. The works gathered here will focus on a range of topics, spanning the (re)learning of humanity, postcolonialism, iberianism, imagology, translation, language, style, the portrayal of women, imagination, identity, and cultural and historical representations. Amongst other things, this volume aims to illustrate that rather than understanding utopia as disconnected from reality, Saramago saw it as an extension of the historic present in the immediate future, as a ‘continuous act of conviction’, which he also came to define as ‘my utopia’.

Zusammenfassung
Trotz seiner kritischen Betrachtung des herkömmlichen Begriffs der Utopie, eröffnet José Saramagos Werk diesbezüglich vielfältige Annäherungsmöglichkeiten. Die in diesem Band vorgelegten Studien beschäftigen sich vorrangig mit Aspekten wie dem (Wieder-) Erlernen von Humanität, mit postkolonialen und genderspezifischen Themen, mit Iberismus, Imagologie, Identität, Übersetzung, Sprache, Stil, Fiktion und der Darstellung von Kultur und Geschichte. So soll u.a. veranschaulicht werden, dass Saramago Utopie nicht als eine von der Wirklichkeit losgelöste Vorstellung verstanden wissen wollte. Er sah sie vielmehr als Fortsetzung historischer Gegenwart in der Zukunft, als ihre mögliche Umsetzung in “ständige Handlung” aus Überzeugung, was er schließlich auch als “meine Utopie” bezeichnete.

24/02/14

Conferencia sobre Mia Couto

O xoves, día 27 de febreiro de 2014, ás 13:00 horas, no Salón de Actos da FFT, 

a Profa. Doutora 

Orquídea Moreira  Ribeiro, 

da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro, impartirá unha conferencia sobre

"Cultura e tradição: o universo feminino na obra de Mia Couto"


Organización: Departamento de Filoloxía Galega e Latina e grupo de investigación GAELT
Financiación: Facultade de Filoloxía e Tradución e Vicerreitoría de Extensión Unicversitaria

Máis información sobre Mia Couto: 

21/02/14

O "Português" na Anedota Brasileira

Conferência da investigadora-doutoranda de GAELT, Carina Cerqueira, sobre "O 'Português' na Anedota Brasileira: O Outro somos nós - Uma Análise Intercultural", no V Ciclo Conferências do Centro de Estudos Interculturais (CEI) do ISCAP,  em abril de 2012:



O tema da conferência está relacionado com o projeto de tese de doutoramento desta investigadora sobre A Representação de Portugueses e Portuguesas nas Anedotas Brasileiras – um caso de Tradução Cultural.

14/02/14

Recensións: "Dama Saudade e o Cavaleiro Sombra" de Manuel Forcadela


Manuel Forcadela: Dama Saudade e o Cavaleiro Sombra. As relacións entre o imaxinario literario e o imaxinario nacional na literatura galega contemporánea. ISBN 978-3-86596-493-9.



Radiocrítica en Ames Radio:
http://armandorequeixo.blogaliza.org/2014/02/25/radiocritica-17-2-2014/




Mais información sobre o libro aquí.