Mostrar mensagens com a etiqueta Poematiza. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Poematiza. Mostrar todas as mensagens

15/05/12

Poematiza IV: Conferencia-performance de Márcio André

O día 24 de maio, ás 11:00 horas, terá lugar, no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da UVigo, unha conferencia-performance do poeta e músico brasileiro

Márcio-André de Sousa co título: "Ensaios radioactivos".

Alén de ler do seu libro Ensaios radioactivos, recentemente publicado en Galiza, falará da poesía sonora e visual da actualidade no Brasil.

Máis información sobre Márcio-André aquí e aquí.

Organiza:
Grupo de Análise e Estudo da Literatura e de Tradutoloxía (GAELT, FG3)
Discursos non líricos na poesía contemporánea (DINOLIPOE, proxecto financiado polo MCI)

02/11/11

POEMATIZA-I



O vindeiro xoves 17 de novembro, e dentro do ciclo POEMATIZA, Xornadas de estudo e debate sobre a relación entre a poesía e o poema e os retos abertos perante a teoría literaria polas prácticas textuais contemporáneas, contaremos coa presenza do crítico, e profesor da Universidade da Coruña, LUCIANO RODRÍGUEZ.




As xornadas celebraranse ao longo do curso. O asunto a tratar derivará sempre da lectura previa dun texto non moi extenso, ben teórico, ben creativo, a partir do que cada un dos participantes elaborará un guión de discurso. Os convidados terán como encarga a escolla do texto obxecto de reflexión, que poderá ser tanto un texto propio como alleo, tanto un texto creativo como crítico, e aportarán inicialmente só unha breve exposición sobre as razóns que os levaron a esa escolla e as claves que perciben nese texto. Tamén serán os encargados da condución do debate. 

O debate do vindeiro xoves será a partir dos seguintes textos:


"Como se pinta un dragón" de José Ángel Valente [descargar]


"Isto" de Fernando Pessoa [descargar]