GAELT
Grupo de Análise e Estudo da Literatura e de Tradutoloxía
Páginas
Grupo de investigación de referencia da Universidade de Vigo (FG3) no Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Facultade de Filoloxía e Tradución
Research Group in Literary and Translation Studies
Research Group in Literary and Translation Studies
22/11/17
25/01/16
Palestra do escritor Michel Yakini
Na quinta-feira (xoves), dia 28 de Janeiro de 2016, às 12.00 horas no auditório (Salón de Actos) da FFT, terá lugar uma palestra do escritor brasileiro Michel Yakini.
Michel Yakini é co-fundador do Coletivo Literário Sarau Elo da Corrente e activista do movimento de literatura das periferias de São Paulo. Publicou "Desencontros" (contos, 2007), "Acorde um verso" (poesia, 2012) e "Crônicas de um Peladeiro" (crônicas, 2014).
Participou de diversas publicações e antologias: Pelas Periferias do Brasil. Volume I (2007 – Org. Alessandro Buzo. Suburbano Convicto Edições), Revista Grap (Grafismo e Poesia, 2007 – Unika Produções), Cadernos Negros. Volume 30, 32 e 36 (Contos, 2007, 2009 e 2013 – Org. Marcio Barbosa e Esmeralda Ribeiro. Quilombhoje), Sarau Elo da Corrente –Prosa e Poesia Periférica (2008 –Org. Michel da Silva e Raquel Almeida. Elo da Corrente Edições), Negrafias – Literatura e Identidade, Volumes I e II (2008/2009 –Org. Marciano Ventura. Ciclo Continuo) Antologia Sarau da Brasa, Volumes I e II (2009, 2010 –Org. Coletivo Cultural Poesia na Brasa), Do Luto a Luta, 2011 – Org. Mov. Mães de Maio. Antologia Sarau Perifatividade (2012, Coletivo Perifatividade), Antologia Sarau da Ademar (2012, Coletivo Sarau da Ademar) e Pode pá q é nois q tá (Antologia, 2012, Edições Mesquiteiros).
Mais informação em http://www.michelyakini.com/
15/01/16
Próxima lectura de tese do grupo GAELT
08/01/16
Próximas lecturas de teses de membros do grupo GAELT
16/12/15
08/11/15
Conferencia sobre Adília Lopes
"Adília Lopes e os novos caminhos da poesia portuguesa"
impartida pola profesora Ana Bela Almeida da Universidade de Liverpool e membro de GAELT.
Xoves, 12 de novembro, ás 13:00 horas no Salón de Actos da FFT.
Máis información en : http://estudoslusofonos.blogspot.com.es/2015/11/adilia-lopes-e-poesia-portuguesa.html.
Este acto, organizado polo grupo GAELT e a Cátedra José Saramago,
será financiado polo Departamento de Filoloxía Galega e Latina.
18/05/15
Recensión de Letras Nómades, vol. 5 de iBroLiT
Recensión do vol. 5 de iBroLiT
editado por Ana Acuña.
03/03/15
Presentación do volume 5 de iBroLiT: Letras nómades
PRESENTACIÓN DO VOL. 5 de iBroLiT
editado por Ana Acuña.
Data/hora: mércores, 4 de marzo de 2015 ás 19.00 horas
Lugar: Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo, Concellería de Igualdade, Biblioteca Pública Central, R/ Joaquín Yañez, 6-2º andar 36202 Vigo
Interveñen: Ana Acuña, Mª Jesús Nogueira, Olivia Rodríguez
13/02/15
Cibercultura, linguaxes e medialidade nos ámbitos galego e lusófono
A coordinación da sección
do 11º
Congresso Alemão de Lusitanistas (Aachen, 16-19/09/2015) solicita o envío
de propostas de relatorios (20 minutos).
http://www.lusitanistentag2015.rwth-aachen.de/pt/congresso/seccoes/seccao-12/ |
As propostas (cun máx. de 500 palabras, 5 palabras-chave e
relacionadas cunha das liñas temáticas, cf.
infra) deben ser enviadas até 30
de Abril de 2015 aos coordinadores da sección:
Todas as propostas pasarán por un sistema de blind peer review e os resultados desta
avaliación serán comunicados até ao dia 30 de maio de 2015.
Os relatorios deben ser presentados en lingua galega, portuguesa
ou alemá.
Está prevista unha posterior publicación dun conxunto seleccionado
de relatorios nunha edición científica con peer
review.
Presentación da
sección:
En boa parte das sociedades actuais, os fenómenos de
globalización non son unha novidade, senón que poden ser vistos como un proceso
constante con distintas formas, características e ritmos evolutivos. Hoxe en
día, prodúcese unha intensificación das interaccións que converten os vencellos
transfronteirizos en algo cotián. Isto implica, por unha banda, a expansión de
prácticas e de lóxicas socioculturais, políticas e económicas que teñen unha
imbricación, asemade, global e local e, pola outra, actúan como catalizador que
fomenta a emerxencia de fenómenos de diversa índole (políticos, culturais,
sociais, etc.) que afectan dun xeito conflitivo á configuración interna dos
sistemas socioculturais.
Ao
mesmo tempo, estanse a dar importantes transformacións
grazas á consolidación dos medios dixitais. En consecuencia, este
proceso
implica mudanzas en diferentes niveis sociais, dende os formatos de
creación
coñecidos ata o de agora, pasando polas lóxicas organizativas das
persoas e das
comunidades (movementos asociativos e políticos, comunidades de software
libre,
entre outras). Ademais, non hai que esquecer a converxencia mediática e
cultural marcada polas relacións transculturais e a integración de
diferentes
medios a partir dos cales xorden novas linguaxes de produción cultural e
comunitaria. Polo tanto, esta sección tamén ten como obxectivo explorar
como os sistemas culturais minorizados (neste caso o galego) se
apropian, adaptan ou dan forma a estes procesos globalizados e/ou
globalizadores no contexto dixital. Tentaremos facer fincapé nas
relacións ou
conflitos transculturais e intraculturais que estas mudanzas
socioculturais
xeran no sistema.
No noso parecer, unha cultura cada vez máis globalizada
provoca unha necesidade de reavaliarmos toda unha serie de constelacións
conceptuais (lingua, identidade, normalización, creación artística, modelos de
planificación social, entre outros moitos) que ata o de agora deixaron de lado
a conflitividade e a inestabilidade propia de todos os sistemas culturais;
amais, estes factores fixéronse máis patentes na actualidade co ritmo imposto
pola globalización. O noso interese de revisión tamén se deriva do feito de que
o sistema cultural galego se atopa entre dous grandes dominios culturais con
transcendencia global: os mundos de expresión portuguesa e da hispanidade,
cuxas influencias e interferencias na cultura galega son de diferente natureza
e intensidade.
En última instancia, esta sección quere contribuír á
análise de fenómenos culturais e dos seus procesos de mudanza sociocultural,
adoptando ferramentas de análise dende perspectivas transdisciplinares e
comparatistas. Tampouco non queremos esquecer de facilitar o debate
epistemolóxico que problematice os modos de análise establecidos.
Dunha forma xeral, esta sección está aberta a recibir
propostas provenientes das seguintes áreas de coñecemento e metodoloxías:
literatura comparada, estudos migratorios, antropoloxía, socioloxía, educación,
arquitectura, belas artes, estudos de tradución, estudos teatrais, etnografía,
gastronomía, ciencias naturais e ecoloxismo, estudos de xénero, ciencias da
comunicación, tecnoloxías da información, deportes, turismo, musicoloxía,
ciencias da saúde, estudos queer, estudos poscoloniais, historia, xeografía,
(socio)lingüística, dereito, economía, política, filosofía, audiovisual, artes
plásticas, historia da arte, estudos culturais e literatura.
Liñas temáticas
da sección:
1. Mudanza social e reconfiguración dos fenómenos
socioculturais en Galiza.
2. A mediación de internet no ecosistema informativo e
cultural galego en relacións cos sistemas culturais lusófonos e hispánicos.
3. Unha abordaxe transdisciplinar dos procesos de
translación cultural dende e para o contexto galego, cuestionando os mecanismos
da oposición centro/periferia.
4. Variación e cambio lingüístico no contacto de linguas en
Galiza, con especial atención ás implicacións culturais e
lingüístico-interaccionais do desprazamento migratorio (tanto transculturais
como intraculturais) e as relacións entre escritura e oralidade.
5.
Transformación e conflito das diferentes prácticas
tradutivas dende e para o sistema cultural galego en relación cos sistemas
culturais lusófonos e hispánicos, tanto a nivel transcultural como
intracultural.
6. Novas formas de organización social, ciberactivismo
sociocultural e medios de comunicación de base en Galiza.
7.
O paradigma das humanidades dixitais na construción e
visibilidade do sistema cultural galego e da súa relación con outros espazos
culturais, como os lusófonos e hispánicos.
Conferenciantes convidado/a:
Prof. Dr. Manuel Gago (Universidade de Santiago de
Compostela)
Profa. Dra. Eugenia R. Romero (Ohio State
University)
Coordinación da
sección:
Gabriel Pérez Durán (Universität Heidelberg): gabriel.perez.duran@iued.uni- heidelberg.de
Jairo Dorado Cadilla (Freie Universität Berlin): jairo.dorado@gmail.com
Burghard Baltrusch (Universidade de Vigo): burg@uvigo.gal
Matrícula:
A matrícula debe ser realizada até o 30 de xuño de 2015
(60€ para membros do DLV e 80€ a partir do 1 de xullo de 2015): http://www. lusitanistentag2015.rwth- aachen.de/pt/inscricao/.
15/12/14
Recensões de "O QUE TRANSFORMA O MUNDO É A NECESSIDADE E NÃO A UTOPIA" - ESTUDOS SOBRE UTOPIA E FICÇÃO EM JOSÉ SARAMAGO
Subscrever:
Mensagens (Atom)