O vindeiro xoves 17 de novembro, e dentro do ciclo POEMATIZA, Xornadas de estudo e debate sobre a relación entre a poesía e o poema e os retos abertos perante a teoría literaria polas prácticas textuais contemporáneas, contaremos coa presenza do crítico, e profesor da Universidade da Coruña, LUCIANO RODRÍGUEZ.
As xornadas celebraranse ao longo do curso. O asunto a tratar derivará sempre da lectura previa dun texto non moi extenso, ben teórico, ben creativo, a partir do que cada un dos participantes elaborará un guión de discurso. Os convidados terán como encarga a escolla do texto obxecto de reflexión, que poderá ser tanto un texto propio como alleo, tanto un texto creativo como crítico, e aportarán inicialmente só unha breve exposición sobre as razóns que os levaron a esa escolla e as claves que perciben nese texto. Tamén serán os encargados da condución do debate.
O debate do vindeiro xoves será a partir dos seguintes textos:
"Como se pinta un dragón" de José Ángel Valente [descargar]
"Isto" de Fernando Pessoa [descargar]
"Como se pinta un dragón" de José Ángel Valente [descargar]
"Isto" de Fernando Pessoa [descargar]
Sem comentários:
Enviar um comentário